O martes 21 de Abril aproveitamos a nosa visita ó Museo de Historia Natural para pasear polas rúas da Zona Vella e coñecer un pouco máis a cidade de Santiago. Pero sen dúbida, o que máis nos chamou a atención foron algúns animais do museo!
PARA REMATAR O PROXECTO "AS VACAS" VISITAMOS UNHA GRANXA QUE HAI EN TAPIA ACOMPAÑAD@S POR JUAN, O PAPÁ DUN COMPAÑEIRO, QUE É VETERINARIO. APRENDEMOS MOITAS COUSAS E PASÁMOLO MOI BEN. MOITAS GRAZAS POR TODO!
Despois duns días de descanso, voltamos ó cole con moita enerxía e con moitas ganas de traballar así que a profe Tere acompañounos ó horto a plantarun bidueiro, un castiñeiro, cabazas e brócoli.