Xa estamos mans á obra co proxecto de centro "Somos o que comemos". En Infantil estamos centrados no plástico, nos envases nos que veñen os alimentos, na cantidade de cousas de plástico que temos no colexio e na casa ... e estamos tamén a buscar alternativas ao plástico. Pero non queremos adiantarvos moito máis. Iredes vendo pouco a pouco o que imos facendo. O que si queremos é contarvos como foron os inicios do proxecto. Primeiramente é importante coñecer o que o alumnado sabe sobre o plástico e o que quere saber e, coma sempre, deixámolo plasmado en paneis que colocamos no noso punto de información.
Pedímosvos colaboración para que as nenas e nenos trouxeran ao colexio información sobre o plástico e, coma sempre, agradecemos a vosa axuda. Aquí están algunhas das exposicións que fixeron ás compañeiras e compañeiros desa información que buscáchedes na casa.
Exposicións from María Barouta on Vimeo. Logo da exposición de Xoel, Nadia e Aira fixemos na aula unha actividade de clasificación de plásticos según a súa numeración e decatámonos da cantidade de envases deste material que nos rodean no noso día a día.
Seguimos a traballar no proxecto! Irémosvos contando!
Bo día familias! Xa sabedes que estamos inmers@s no proxecto de centro "Somos o que comemos" pero aínda temos pendente amosarvos algunhas actividades do proxecto "O corpo". Dentro deste proxecto un eixe central foi o esquema corporal moi importante para o coñecemento inmediato e contínuo do noso corpo en estado estático ou en movemento, en relación coas súas diferentes partes e, sobre todo, en relación co espazo e os obxectos que nos rodean. Por iso algunhas das actividades propostas ao alumnado foron encamiñadas a representar o esquema corporal: > con diferentes materiais (papel, bloques lóxicos ...)
>en diferentes posicións (siluetas feitas no chan con pezas de construción, bloques lóxicos...)
Pero neste proxecto traballamos moitos outros aspectos do corpo humano como: >o sistema circulatorio (vimos e tocamos a maqueta do corazón e representamos con pintura os latexos do corazón)
> o sistema respiratorio (plasmamos cunha divertidade actividade con bolsas e palliñas como chega o aire aos pulmóns)
> o esqueleto (coa representación do mesmo con bastonciños de algodón)
> e tamén tivemos tempo para mirarnos no espello a facer o noso autorretrato
Todo isto e moito máis poderedes velo nas carpetas que o alumnado levará para a casa!