Páginas
▼
Páginas
▼
Acerca de nós
▼
xoves, 24 de xaneiro de 2019
mércores, 23 de xaneiro de 2019
3º CARREIRA SOLIDARIA MÓVOME POLA PAZ
Como xa veriades nas redes sociais e na páxina web do centro, o vindeiro mércores 30 de xaneiro (se o tempo o permite) terá lugar a 3ª CARREIRA SOLIDARIA MÓVOME POLA PAZ.
Deixámosvos o enlace onde podedes atopar toda a información.
domingo, 20 de xaneiro de 2019
MÁIS COUSIÑAS DO 1º TRIMESTRE: ADEGA, AMBIENTES, NADAL ...
Aínda que xa estamos no segundo trimestre e xa temos varias actividades para amosarvos, tamén queremos ensinarvos algunhas cousiñas do primeiro trimestre que quedaron no tinteiro.
Por exemplo a visita das monitoras de Adega que viñeron ao centro para tratar os 3Rs mediante diferentes xogos con material de refugallo: "Olimpiada do lixo" e "Xogo de separación".
Tamén diferentes propostas de actividades nos distintos ambientes: laboratorio, obradoiro, teatro e no noso patio e na nosa contorna que son un ambiente máis de aprendizaxe.
E por último as derradeiras fotos de nadal nas que vos amosamos os talleres que fixemos: de bolsas (para levar algúns traballiños para a casa), de botes de nadal con candeas e de árbores.