Páginas

Páginas

Acerca de nós

mércores, 22 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019 II




Hoxe o EDLG de Barouta, cunha representación do alumnado, participou na actividade "Camiños poéticos" en colaboración co Concello de Ames. 



Como xa vos contamos no post de Letras Galegas, dita actividade consistía en escribir un poema, ou algúns versos dun poema sobre a natureza, nunha laxa de pizarra para colocala posteriormente na zona da praia fluvial de Tapia.

Polo tanto, alí poderedes gozar da nosa poesía.

Prégase respecto e coidado para un bo mantemento. 

Grazas.


















Como xa vos comentamos noutro post, este trimestre organizamos dous obradoiros coas nenas e nenos de 4°EI:

-Grafomotricidade 
-Cor e formas

Baseándonos no artista plástico HERTULLET.



Agardamos que vos gusten os nosos traballiños.


















Froita na escola 2019 II



Comezamos saboreando amorodos. 

Onte probamos as ameixas.

















E hoxe foron as cereixas. 

Que nos tocará mañá?

luns, 20 de maio de 2019

Froita na escola 2019




Dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación "Aliméntate ben", o noso centro participa na modalidade "Froita na escola".

Dende hoxe, luns día 20 de maio, e ata o martes 4 de xuño, haberá froita fresca todos os días na escola para repartir entre o todo o alumnado do centro.

A primeira froita coa que estreamos este Plan da Consellería foi o amorodo.