Non precisamos reporte da actividade! Agardamos que vos guste, que vos animedes a facela na casa e que as nenas e o nenos pasen un anaco entretido facéndoa!
Como xa dixemos, coa publicación destas últimas fotos que recibimos damos tamén por pechada esta tarefa que recibíchedes por TokApp o pasado 26 de marzo na que se vos convidaba a facernos partícipes do que estabades a facer na casa estes días. Agradecemos moito a vosa colaboración e a achega de fotografías. Agardamos que as nenas e nenos pasaran un momento agradable vendo ás súas compañeiras e compañeiros neste días de confinamento! Seguide atent@s á aula virtual e ao blog porque iremos colgando novas propostas!