Páginas

Páginas

Acerca de nós

venres, 27 de novembro de 2020

ESCOLA NO BOSQUE

Amosámosvos imaxes da nosa ESCOLA NO BOSQUE para compartir estas saídas nas que estamos en contacto directo coa contorna máis próxima creando as nosas aprendizaxes a partir da propia experiencia inmers@s no contacto coa natureza:

-Tocar a agua e sentir se está fría ou quente

-Ulir as follas 

-Camiñar coas botas pola auga (e entalarnos na lama tamén)

-Recoller follas, paus...

-Observar cogomelos e buscalos na guía que levamos da escola

-Debuxar o que observamos rexistrándoo no noso caderno de campo

-Quedarnos en silencio para escoitar sons da natureza como a auga do regato ou o canto dos paxaros

-Correr, saltar, gabear, anicarse

-Axudarnos a subir, baixar  

- ...

   






































xoves, 26 de novembro de 2020

ESCOLA NO BOSQUE

 Prezadas familias

Compartimos con vós un piar importante da nosa liña pedagóxica, da nosa maneira de entender a educación e o crecemento saudable das nosas crianzas coa inmersión da actividade cotiá na nosa contorna natural: A ESCOLA NO BOSQUE.


mércores, 25 de novembro de 2020

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 Proxecto "EmBarouta-T co Feminismo" | 25N 


Educación en igualdade para erradicar as violencias machistas. 

Vídeo completo coas reflexións e mostra do traballo da comunidade educativa do CEIP de Barouta, realizado no marco do proxecto "EmBarouta-T co Feminismo" impulsado pola Comisión de Traballo de Igualdade e Xènero do CEIP deBarouta (ANPA - Colexio - Familias), co financiamento da Secretarìa Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.


martes, 24 de novembro de 2020

ADIANTO 25N 2020

 "EmBarouta-T co Feminismo" | 25N Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Educación en Igualdade para erradicar as violencias machistas.
Presentàmosvos un avance coas reflexións da comunidade educativa de Barouta, realizadas no marco do proxecto "EmBarouta-T co feminismo" impulsado pola Comisión de Traballo de Igualdade e Xènero do CEIP deBarouta, co financiamento da Secretarìa Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.