Páginas

Páginas

Acerca de nós

luns, 27 de febreiro de 2023

MODO GALEGO ACTÍVAO!


Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames puxeron en marcha un proxecto piloto para frear o abandono do galego entre as máis pequenas e pequenos, coa intención de chegar a unhas 3000 crianzas a través das aulas.

'Modo galego, actívao!' é o nome que recibe esta iniciativa, dirixida a nenas e nenos do segundo ciclo de infantil e de primaria escolarizados nos sete centros educativos deste municipio.


venres, 17 de febreiro de 2023

"Verbena Barouta" 🎉🎉🎭🎭🎵🎶🔔📯





Imaxes dos ensaios e photocall do xoves 16 picando AQUÍ

Imaxes da "Verbena Barouta" picando AQUÍ


Grazas, familias, pola vosa colaboración!
Os instrumentos musicais das crianzas eran fantasía e marabilla!
Agardamos pasarades un bo día de verbena! 🎈🎉🎊🎭🎵🎶🎷🎺🎼


martes, 14 de febreiro de 2023

sábado, 11 de febreiro de 2023

luns, 6 de febreiro de 2023

Saída a Coruña

O mércores 1 de febreiro fomos a Coruña para visitar os Museos Científicos.

Para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e o moito que aproveitamos a saída ...

  •  así saímos de Barouta


  • así volvemos a Barouta


Xa en Coruña visitamos: 

                           O AQUARIUM FINISTERRAE







                                                       A  DOMUS







  A CASA DAS CIENCIAS (E O PLANETARIO)








Deixámosvos os enlaces para que poidades ver todas as imaxes desta saída da que sacamos moito proveito: ir tod@s xunt@s en autobús, ver de preto animais do mundo mariño  observando como se moven, como se alimentan ...; dar un paseo por Coruña para chegar á Domus aproveitando o día solleiro, xantar xunt@s, poder manipular coas mans/pés/sentidos ... as diferentes propostas dos museos; descubrir os planetas e as constelacións, experimentar con olores, pesos, forzas ...





E de agasallo deixámosvos esta imaxe do paseo que fixemos desde o Aquarium ata a Domus aproveitando o bo tempo do que gozamos ese día!