OLA FAMILIAS!
Como xa saberedes onte foi o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS e no cole celebrámolo cunha actividade diferente: o Trasno Enmarañado mandounos unha carta á aula na que nos convidaba a achegarnos ata a BiblioBarouta para asistir á súa inauguración.

Despois do recreo todas as alumnas e alumnos de infantil fomos á biblioteca e alí estaban agardando por nós a mestra Ana e o mestre Alonso. Sentámonos e Ana explicounos brevemente como facer o empréstito e a devolución de libros, as cores correspondentes aos libros de cada nivel, e despois ... Alonso contounos a historia "O homiño de papel".
Gustounos moito pero aínda había máis sorpresas: levamos unha carpeta coa cor do noso nivel e un marcapáxinas co noso nome, a nosa foto e o noso código!!!!!
DE SEGURO QUE VOLVEREMOS VISITAR AO TRASNO ENMARAÑADO!!!!
GRAZAS BIBLIOBAROUTA!!!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario