No primeiro trimestre, ademáis de traballar o outono, o samaín, o land art; de conmemorar o día contra a violencia de xénero ; de ensaiar para o festival; de ir ao auditorio; de asistir a varios contacontos; a un espectáculo de maxia ... tamén tivemos tempo para adicarnos a un proxecto tan divertido como diferente. Xurdiu unha mañá na que saímos polos arredores do cole para recoller cousas de outono como follas, paus, ourizos ... De súpeto á mestra Vito pareceulle ver algo entre as follas. Serían gazafellos? Rapidamente todas as nenas e nenos xuntáronse arredor da mestra e buscaban cos ollos ben abertos entre as pólas, os paus, as herbas ...
Máis non conseguiron ver nada pero xa estaba o lío formado:
-que son os gazafellos?
-como son?
-onde viven?
-hai moitos?
-que comen?
- ...
Nos seguintes días adicámonos a darlle forma ao proxecto e aos gazafellos. Unha das primeiras cuestións que nos plantexamos foi: como son?


E botámoslle moita imaxinación!
Pero tiñamos moitas ganas de velos. Precisaríamos duns prismáticos? Puxémonos mans á obra para facer os nosos "prismáticos de ver gazafellos"


Cos prismáticos feitos era hora de probar de novo a ver se viamos gamusinos en Barouta.

Pareceunos ver algo gris ou quizáis vermello, cun rabo longo e con cornos, con patas, pero ... cantos cornos?, cantas patas? ... Era hora de voltar ao traballo!
Despois de tanto traballo este foi o resultado:
Libro Gazafellos from maria jesus on Vimeo.
0 comentarios:
Publicar un comentario