Páginas

Páginas

Acerca de nós

domingo, 5 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

Aínda que por cuestións meteorolóxicas non puidemos participar na Primeira Carreira Solidaria "Móvome pola paz" (estamos agardando a que o tempo mellore para poder correr) no colexio conmemoramos igualmente o Día Escolar da Paz e da non violencia.
O luns 30 de xaneiro, despois do recreo, xuntámonos tod@s na entrada para cantar a canción "O mundo é grande" coas camisetas feitas polo propio alumnado para este día.
















O certo é que as camisetas quedaron moi chulas pero había moito traballo detrás. Mirade!













































Ademáis das camisetas  non podían faltar os trofeos  para tod@s @s participantes na carreira.






























Con todo preparado, só nos queda agardar a que o tempo nos dea un descansiño para poder facer a carreira!


2 comentarios:

  1. "Estupendo" @s nen@s estaban moi ilusionad@s co conto da carreira,as camisetas,as medallas,foi un día que lembrarán sempre.

    ResponderEliminar
  2. Si!. Estaban moi emocionados. Preguntaban todos os días cando ían correr e o certo é que en psicomotricidade entrenamos moito para o gran día!
    Seguro que esta vai ser a primeira de moitas!

    ResponderEliminar