Debido ao mal tempo da semana pasada tivemos que pospoñer a conmemoración do "Día da árbore e da poesía" pero hoxe por fin puidemos plantar árbores, arbustos e flores tanto no horto como na fraga e celebramos o recital de poesía. Ao alumnado de infantil tocounos plantar unha fotinia e dúas hortensias.
E despois do recital tocaba asamblea escolar. Estivemos moi atent@s porque as alumnas e alumnos de infantil tamén temos moitas cousas que dicir e que aportar!
0 comentarios:
Publicar un comentario