Boa mañá de domingo familias!
Antes de amosarvos algunhas cousas nas que xa estamos a traballar neste terceiro trimestre, queríamos rematar de ensinarvos todo o que fixemos no segundo.
Comezamos polas divertidas sesións de psicomotricidade onde fixemos circuitos de equilibrio, de salto, de arrastre, de coordinación óculo-manual ... ademáis de estiramentos e sesións de relaxación.




Despois aproveitamos as sesións de psicomotricidade para facer os nosos propios circuitos, sen axuda das mestras, no recreo!
E por suposto, no 2º trimestre tamén celebramos aniversarios.
Por último non podemos esquecer as sesións coas cadelas da Fundación Bocalán Galica (aínda que no vídeo pon mes de marzo o certo é que esta sesión tan divertida foi o xoves 6 de abril xustiño antes de rematar o trimestre)
Bocalán Marzo from maria jesus on Vimeo.
0 comentarios:
Publicar un comentario