Páginas
▼
Páginas
▼
Acerca de nós
▼
mércores, 21 de xuño de 2017
domingo, 11 de xuño de 2017
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN AUGA DOCE
O luns 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente e no colexio aproveitamos esta data tan significativa para inaugurar a nosa exposición "Auga Doce".
Comezamos pola mañá ás 09h30 facendo pases para que as distintas aulas do centro puidesen vela e escoitar as explicacións das súas compañeiras e compañeiros que fixeron de guías.
A partires das 13h00 foi o turno das nais e pais: chegaron ao cole, recolleron as súas entradas na billeteira e subiron ao primeiro andar acompañados por nenas e nenos que os guiaron por todo o percorrido da exposición.
Nas seguintes fotos amosámosvos o making of da exposición dende a cartelería que fixeron as cativas e cativos de infantil ata o mesmo día da inauguración.
luns, 5 de xuño de 2017
COLABORACIÓN CON BOCALÁN GALICIA
Neste mes de xuño rematou a nosa colaboración coa Fundación Bocalán Galicia.
Pero aínda temos pendente unha visita ás súas instalacións.
Nas últimas sesións realizamos actividades de land-art coas cadelas recollendo elementos naturais para elaborar un mural, traballamos os coidados básicos e incluso fixemos un novo amigo (un gatiño recén nacido ao que lle demos o biberón).
sábado, 3 de xuño de 2017
UN MES DE MAIO MOVIDO
O pasado mes de maio foi un mes de moita actividade no colexio.
Comezámolo preparando os agasallos para as mamá!
Comezámolo preparando os agasallos para as mamá!
Despois continuamos coa conmemoración das Letras Galegas. Por unha banda homenaxeamos o traballo de Carlos Casares reproducindo a portada dalgún dos seus libros ("Al laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "A galiña azul") e decoramos as portas das nosas aulas adicándollas a algunha autora ou autor galego (e poñéndolle o seu nome), e por outra banda as alumnas e alumnos de E.I. vimos todos xuntos "As laranxas máis laranxas de todas laranxas" e asistimos á representación da obra "A galiña azul" por parte das mestras co colexio
Tamén participamos no "Tendal de poemas"( unha proposta na que colaboran as escolas e os colexios de Ames co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e que consiste en darlle visibilidade e proxección á nosa lingua a través de poemas de autores/as galeg@s que tratan sobre a natureza sendo por isto que se escolleu para a sua ubicación diferentes espazos naturais tocándonos a nós colgar os nosos poemas no Monte Escolar).
E todo isto amenizado pola festa da primavera e polo contacontos "O cociñeiro Martiño" de Iago López.
Sen esquecernos de celebrar os aniverarios. Nesta ocasión tocoulle a Alain.
Víchedes que mes máis completo????
Pois este mes de xuño tamén o temos cargado de actividades!!!!