Páginas

Páginas

Acerca de nós

domingo, 11 de xuño de 2017

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN AUGA DOCE



O luns 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente e no colexio aproveitamos esta data tan significativa para inaugurar a nosa exposición "Auga Doce".
Comezamos pola mañá ás 09h30 facendo pases para que as distintas aulas do centro puidesen vela e escoitar as explicacións das súas compañeiras e compañeiros que fixeron de guías.

A partires das 13h00 foi o turno das nais e pais: chegaron ao cole, recolleron as súas entradas na billeteira e subiron ao primeiro andar acompañados por nenas e nenos que os guiaron por todo o percorrido da exposición.

Nas seguintes fotos amosámosvos o making of da exposición dende a cartelería  que fixeron as cativas e cativos de infantil  ata o mesmo día da inauguración.














































Ningún comentario:

Publicar un comentario