Páginas

Páginas

Acerca de nós

xoves, 23 de novembro de 2017

CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA

                                Boa tarde de novo familias!

Estamos tan inmers@s na conmemoración do 25 de Novembro que non tivemos tempo de contarvos que o venres pasado tivemos, na biblioteca do colexio, unha charla sobre seguridade viaria impartida por  Cristina que traballa na  policía local de Ames.
Falounos fundamentalmente sobre como cruzar a rúa onde hai semáforos, como cruzar nos pasos de peóns, como ir sentad@s no coche e no autobús...
E como prestamos moita atención e coñecemos moi ben as normas de seguridade viaria, ao remate da charla nomeounos policías infantís e entregounos o carnet.

Graciñas Cristina por achegarte ao centro a falar connosco!




































































Ningún comentario:

Publicar un comentario