Logo de amosarvos o mandadiño de mañá xoves, queriamos contarvos que hoxe, moi cedo, pouquiño despois de entrar ao colexio...
caeron folerpas de neve!!!
Como non é algo habitual non podiamos deixar pasar o momento e puxemos os abrigos para saír á entrada e ver "nevar" un pouquiño.
Que ilusión e alegría!
IMG_3764 from María on Vimeo.
Ata o sol quería saír pero as nubes non llo estaban a poñer nada doado.
E como non podía ser doutro xeito, cando voltamos á aula rexistramos o acababamos de ver.




Volverá mañá a neve a Barouta?
Estaremos atent@s!
0 comentarios:
Publicar un comentario