Familias, como xa sabedes o proxecto de centro deste curso é "SOMOS O QUE COMEMOS".
En Infantil xa traballamos as illas de plástico e agora estamos inmersos en ver canto lixo xeramos nunha merenda, a onde vai parar ese lixo, a importancia da reciclaxe...
E para reciclar ben preparamos colectores coa súa correspondente etiqueta para que ninguén se equivoque e todo o mundo saiba a onde vai cada lixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario