Na aula Obradoiro seguimos a traballar contidos, nocións e conceptos relacionados coa lóxica-matemática. Neste trimestre centrámonos un pouco máis en:
- clasificación según un criterio (cor)
- numeración ascendente e descendente
-asociación número-cantidade
- a decena
A metodolocía de traballo, ademáis de manipulativa, é cooperativa fomentando a reflexión a través do diálogo e a confrontación de hipóteses e ideas entre iguais.
Na clasificación comezamos clasificando atendendo a un único criterio que neste caso foi a cor. As nenas e nenos de 4º curso clasificaron diversos obxectos, entre eles tapóns, facendo montóns según a súa cor.
Na numeración realizamos diversas actividades como
1.asociar cada número coa cantidade correspondente con diferentes materiais e técnicas:
- pequenas pezas de construción
-parafusos coas súas roscas (que tamén favorecen a motricidade fina)
-xogos de dominós de madeira


Unha vez soubemos que unha decena estaba composta por 10 unidades diversificamos as tarefas:
-compuxemos varias decenas con palillos e cada vez que tiñamos unha decena formada, enroscábamoslle unha goma elástica para que así fose máis doado contar cantas decena fixo cadaquén
-sobre unha base 100 puxemos palillos para contar cantas unidades e decenas ten unha centena
-compuxemos números sobre esta base cen. Ao principio as nenas e nenos aínda empregaban a unidade pero de seguido decatáronse de que era moito máis doado empregar as decenas porque había que manipular menos palillos. Por exemplo para compoñer sobre a base 100 o número 21, poñían 21 palillos pero despois viron que era máis rápido e doado poñer dúas decenas e unha unidade.
Xa vos seguiremos contando!
0 comentarios:
Publicar un comentario