Páginas

Páginas

Acerca de nós

luns, 19 de novembro de 2018

BAR-OUTA



   GRAN APERTURA DO BAR-OUTA!


O venres pasado as compañeiras e compañeiros de 6º de primaria puxeron en marcha o 
Bar-Outa.

A partir de agora, todos os VENRES poderemos mercar bocadillos de chourizo, de queixo, de crema de cacao ou biscoito por só 0,50€. Así disfrutamos dunha merenda caseira á vez que colaboramos con elas e eles na recadación de cartos para a súa excursión de fin de curso.

O XOVES pasarán polas aulas para anotar as comandas, polo tanto, o xoves debemos levar anotado nun papel o noso pedido e os cartos metidos nunha carteiriña.

Mentres agardamos ao vindeiro xoves deixámosvos unhas fotos da inauguración do 
BAR-OUTA.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario