Aproveitando o tempo solleiro de hai unha semana puidemos saír de novo ao monte para recoller elementos naturais para empregar nos ambientes e facer diferentes actividades. Recollemos paus, castañas, follas ... e sorprendentemente quixemos recoller landras pero ... NON HABÍA! O que si atopamos foron varios cogomelos de diferentes tamaños! No monte hai unha chea deles!
E tamén vimos un carballo pequeno! Estaremos atentas e atentos a como vai medrando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario