A GRAFOMOTRICIDADE refírese ao movemento que debe facer a man para cumplir con calquera actividade que inclúa trazar ou escribir.
Refírese ao movemento que fai a man da nena e do neno dende os seus primeiros anos mentres debuxa ou escribe.
Pertence ao campo do desenvolvemento da motricidade fina que se consolida cando as crianzas logran ter un control sobre o movemento das mans e dos dedos.
Non é unha tarefa sinxela senón que, ao contrario, require dun proceso gradual de entrenamento comezando polos trazos libres cun uso do espazo sen control.
Co paso do tempo as nenas e nenos irán trazando liñas e diferentes tipos de raias. Neste proceso será preciso facer uso de variados materiais como esponxas, plastilina, xiz, pinceis... e practicar non só en horizontal sobre papel senón tamén en vertical.
A grafomotricidade tamén inclúe a orientación espacial no trazado gráfico como enriba-debaixo, dereita-esquerda, oblícuo ...
A continuación deixámosvos algunhas das actividades grafomotrices que fixemos durante unha sesión no obradoiro.
O alumnado de 4º de infantil comezou por trazos sinxelos en vertical mentres que o de 5º e o de 6º traballou en horizontal sobre papel.
sábado,8de
GRAFOMOTRICIDADE
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario