O BAR-OUTA ESTÁ DE VOLTA!
Nesta semana de regreso ao colexio e de volta ás rutinas diarias tamén volveu abrir na escola o BAR-OUTA.
Todos os xoves, nas aulas de infantil, facemos unha listaxe coas comandas e facemos reconto dos cartos. Logo esas comandas trasladámosllas ás compañeiras e compañeiros de sexto de EP que se achegan a Infantil para recollelas.
O venres imos cos cartos a recoller a nosa comanda e non fai falta que as mestras nos axuden porque xa somos capaces de facelo nós soas e sós.
Esta rutina de mercar a merenda dos venres foi rapidamente adquirida polo alumnado de Infantil e é algo que lle gusta facer a elas e eles autonomamente. Achéganse ao BAR-OUTA cos cartos, din cal era a súa encarga, recollen a comanda e entregan a moeda.
Logo voltan á aula para merendar e que podemos dicir dos bocadillos e do biscoito? Pois que están riquísimos, fresquísimos e que teñen un tamaño considerable!
QUE SINXELO! ASÍ DÁ GUSTO!
venres,11de
BAR OUTA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario