Páginas

Páginas

Acerca de nós

martes, 19 de febreiro de 2019

3ª CARREIRA SOLIDARIA "MÓVOME POLA PAZ"


O mércores 30 de xaneiro conmemorouse o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz".

No Ceip de Barouta conmemorámolo, dende hai xa dous anos, coa celebración da carreira solidaria "Móvome pola Paz" na que procuramos recadar alimentos para o Banco Municipal.
Nesta ocasión convidamos ao alumnado de 6º de Ed. Primaria do CEIP A Maía e tamén do CEIP Agro do Muíño, para establecer un punto de encontro co alumnado adscrito ao IES de Ames. Así mesmo, tamén convidamos a EEI de Covas.


Debido ás inclemencias meteorolóxicas tivemos que pospoñer a carreira ata o mércores 13 de febreiro pero xa tiñamos todo preparado para o día 30: 
-as doazóns para o Banco de Alimentos




-as camisolas co logo do centro



-as bolsas coas que iamos a agasallar a todas as corredoras e corredores



-as medallas feitas tanto polo alumnado de infantil ... 























... como polo de primaria










E cando o sol saiu nós tamén saímos correr con el.

Puxemos as nosas camisolas e os nosos dorsais.















Quentamos antes de correr para non lesionarnos.





E xa estábamos preparadas e preparados para correr! Que ben o pasamos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario