Artellando con:

NON PARAMOS!


Dende que voltamos do descanso de entroido non paramos! 
Ademais de traballar na conmemoración do 8M (da que xa vos daremos conta) tamén tivemos varias visitas no centro, un contacontos, sesións de psicomotricidade moi divertidas, construción de máquinas simples que conseguimos que funcionaran, propostas amenas no laboratorio e ata houbo quen seguiu a disfrazarse!





  • COMEZAMOS POLAS VISITAS.

-O xoves 27 de febreiro e o mércores 4 de marzo visitáronnos na escola Adriana e Malibú para presentarnos o proxecto "Educando con Malibú" que ten como obxectivo loitar contra o abandono animal.



Durante esta presentación coñecemos a Malibú, unha cadeliña que foi abandonada e que afortunadamente foi rescatada. Agora visita escolas para ensinarlle ás nenas e aos nenos a ser mais responsables, mais solidarios, a ter unha maior sensibilidade e respecto cara os animais. Nesta sesión compartimos xogos con ela, peiteámola, acariñámola e dialogamos sobre diferentes aspectos como os coidados, a hixiene, a alimentación ...  




















Deixámosvos o enlace por se queredes botar unha ollada á súa páxina web!

https://educandoconmalibu.com/#a-ultima-pegada


-Onte (mércores 4 de marzo) visitounos Rocío (alumna de prácticas que estivo connosco durante os meses de novembro e decembro).
E tróuxonos dous agasallos: un tangram magnético e unhas botellas da calma sensoriais elaboradas por ela mesma. Para facer estas botellas da calma empregou auga, aceite, glicerina ... e en cada botella meteu diferentes materiais como gomas elásticas, purpurina, abelorios con forma de estrela, de triángulo, pompóns pequenos ... para que se puideran apreciar diferentes texturas e cores.
As botellas deixáronnos abraiadas e abraiados pero poder velas na mesa de luz tamén nos sorprendeu moito.
Moitas grazas Rocío!


















-E esta semana visitounos tamén Tom, o coello da mestra Marta. Estivemos con el na aula e Marta explicounos o que come (démoslle unha mazá de merenda), que coidados de hixiene precisa, amosounos os dous dentes que ten ... e puidemos tocalo e xogar con el.

































  • CONTACONTOS.
-O venres 28 de febreiro as compañeiras e compañeiros de 5º, 6ºA e 6ºB de primaria, prepararon un contacontos diferente para nós. As historias que nos contaron foron inventadas por elas e eles mesmos e tamén se encargaron de buscar as imaxes, animalas e montalas nun vídeo coa colaboración de Jorge (profesional encargado dos obradoiros de robótica que os venres levan a cabo as crianzas de primaria).
 Noraboa polo traballo e grazas!






  • SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE
Nesta sesión formamos parellas para traballar a coordinación. O resultado foi moi divertido e as nenas e nenos esfrozáronse moito porque querían ser capaces de desprazarse sen que se caese a pelota e por suposto que o conseguiron. Nos vídeos ides velo mellor.





  • MÁQUINAS SIMPLES
Coa chegada de novos Legos á escola invertimos algunhas sesións na construción de máquinas simples.














No caso de Iago a persistencia tivo o seu froito e conseguiu que a súa máquina funcionase a toda velocidade!

Case!


Xa estamos moi cerca!


Por fin!




  • NO LABORATORIO
No laboratorio seguimos a realizar propostas amenas con elementos naturais, con pezas de madeira, na mesa de luz...


















E para rematar este post tamén queremos amosarvos outra adquisición destes días: unha mesa de luz portátil con varias cores.
Ao ter mais cores que as outras e ao poder alternalas con diferentes velocidades chamounos bastante a atención e non puidemos evitar estar un anaco probándoa con diferentes materiais.








¡Compártelo!

2 comentarios:

Paula

Que actividades máis chulas! Malibú trouxo á nosa casa o debate sobre a posibilidade de ter unha mascota, concretamente un can. É posible que Lila tamén axudase ;-)

cursobarouta@gmail.com

Alégranos saber que o que facemos na escola repercute dalgún xeito na vida familiar!

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger