A última sesión de psicomotricidade que fixemos na escola dividímola en dúas partes. -Nunha primeira adicámonos ao traballo do esquema corporal sen ningún tipo de material e a facer xogos por parellas. Un dos que mais éxito tivo foi o da "carretilla".
-A segunda parte adicámola a traballar o arrastre con materiais e cun sinxelo circuito. Co arrastre facilitamos o desenvolvemento da forza e da axilidade e exercitamos a coordinación entre os dous hemisferios cerebrais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario