Páginas

Páginas

Acerca de nós

venres, 30 de abril de 2021

PITIÑOS NA INCUBADORA


Como xa vos contamos onte temos no laboratorio, dentro da incubadora, dez ovos.

Para que  poidades facer seguimento desde a casa do nacemento previsto para este domingo día 2 de maio, instalamos unha cámara e creamos unha sesión de videoconferencia na plataforma webex (así poderedes ver en directo o estado dos ovos na incubadora). 

Como facer para ver a incubadora en directo?

👉 Acceder á videoconferencia: https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m0467dce0128e76c7d99869f65b5a6643

Como en calquera videconferencia pediravos un nome para entrar e un correo electrónico. Se vos require algunha referencia máis (non debería), os datos son:

Número de Sala: 121 046 8034
Contrasinal: Laboratorio

A ver que acontece o domingo!  




 


 

 

1 comentario:

  1. Ooooh, parece que houbo algún percance coa cámara! Igual un pitiño que naceu fixo brincadeira 😅

    ResponderEliminar