Páginas

Páginas

Acerca de nós

martes, 11 de maio de 2021

Máis bechos en Barouta

 Sen dúbida a contorna da nosa escola favorece a convivencia con todo tipo de bechos. Uns son máis coñecidos e podemos velos con frecuencia e outros son menos habituais e sorpréndenos poder velos en vivo e en directo.

A semana pasada atopamos no circo un lagarto arnal!!!! Era bastante grande e tiña unha cor verde ben rechamante. 

















E hoxe, nunha árbore do patio había, según as nenas e os nenos, un moucho ou unha curuxa. 
















Pero finalmente, coa axuda de Yasmina que é educadora ambiental e estaba na escola facendo un obradoiro coas compañeiras e compañeiros de 1º e 2ºEP, soubemos que non era nin moucho nin curuxa.
Era unha avelaiona!






Ningún comentario:

Publicar un comentario