Artellando con:

RAIAS E PUNTOS


A comezos do mes de outubro realizamos unha proposta artística estreitamente relacionada coa linguaxe plástica e coa 

exploración sensorial dos elementos presentes no contorno integrando actividades de tocar, ulir, oír ,ver, sentir... ; 

coa potenciación da imaxinación e fantasía do alumnado para enriquecer a súa actividade creativa, 

coa experimentación e descubrimento dalgúns elementos que configuran a linguaxe plástica (liña, punto, forma, cor textura, espazo, volume ...)

e coa exploración das posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais, útiles e soportes (papeis, cartón ...) e das distintas técnicas (debuxo, pintura, collaxe...) como recursos e medios de expresión e comunicación de feitos, sentimentos, emocións, vivencias, fantasías, experiencias...

Ademáis de buscar elementos da linguaxe plástica na nosa contorna próxima (neste caso na escola) e ademáis de vivenciar/representar  co noso corpo estes elementos, empregamos diferentes técnicas e materiais da linguaxe artística para rexistrar a proposta.

No vídeo podedes vela máis detalladamente.

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger