Ola familias!
Estamos de volta!
Deixamos atrás o primeiro trimestre e encamiñamos xa o segundo.
Nestes primeiros días despois das vacacións volvemos á escola con moita gana de falar e contar como nos foi no nadal e sobre todo de vernos e xogar.
Cando nos puxemos ao día comezamos a experimentar con novos materiais e propostas dos distintos ambientes.
No obradoiro traballamos a lóxica matemática con diferentes propostas lúdicas de conteo, numeración, seriación, clasificación, serie numérica, agrupamento, táboa do 100, familias dos números, grafomotricidade ...
E tamén construcións con diferentes materiais (as posibilidades de experimentación e de creatividade destes novos materiais son moi amplas e resultan moi chamativos e interesantes para as crianzas)
No laboratorio seguimos a experimentar técnicas novas e desta volta foi a quenda de probar diferentes posibilidades das ceras brandas (neste caso Manley).
Houbo dúas propostas distintas:
-ceras brandas derretidas (precisamos papel, ceras, unha candea pequena e unha augada , neste caso negra, para pasarlle por enriba cun pincel)
-esgrafiar con ceras brandas (precisamos papel, ceras brandas de cores, ceras brandas negras e punzón)
Tamén neste ambiente houbo diferentes propostas de composición con materiais variados (logo da composición deixamos rexistro gráfico da mesma)
E tamén fixemos construcións con materiais de refugallo. Estas construcións van precedidas do proceso de idear/pensar o que queremos construir, debuxalo en papel e buscar os materiais precisos para a construción.
No teatro seguimos a traballar o noso nome con técnicas como o estampado, a composición con letras móbiles, o libro dos nomes ou o robot Doc.
Neste ambiente tamén demos forma ao espazo da carpintería onde podemos enroscar/desenroscar, martelar, lixar ...
E aquí tamén puxemos punto e final ao pequeno proxecto sobre o Castelo de Soutomaior.
0 comentarios:
Publicar un comentario