Este ano 2022 o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) está dedicado a Florencio Gabriel Delgado Gurriarán.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou unha presentación para darnos a coñecer a súa vida e obra.
As crianzas de 4º, 5º e 6º de EI participamos nas propostas conmemorativas deste día:
- Inventamos tres poesías de temática natural para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. *No seguinte enlace tedes:
-* Imaxes do proceso de creación das poesías
- Participamos no Escape Room que o Equipo de Biblioteca preparou na BiblioBarouta
- Pasámolo en grande no concerto de "Brais das Hortas"
Galicia é infinda!
Nosa Galicia é máis que toda a Terra.
Non é xa o cativo currunchiño
que din escolas vellas.
Cómprenos desbotar antigos erros
fillos de mente estreita:
Galicia é infinda.
Florencio Delgado Gurriarán.
0 comentarios:
Publicar un comentario