Páginas

Páginas

Acerca de nós

luns, 6 de marzo de 2023

Curtametraxe "Compañeiras de po" - Modo Galego, Actívao!

Familias, 

Como xa sabedes estamos a participar no proxecto da RAG #ModoGalego, Actívao" en colaboración co Concello de Ames.

A proposta realizada polas crianzas de EI nesta primeira semana consistiu en drobrar ao galego unha curtametraxe. Para isto tivemos que:

-visionar a curtametraxe en versión orixinal

-dialogar sobre: 

                -que acontece na curta?

                -que personaxes aparecen nela?

                -que poden dicir estes personaxes?

-inventar os novos diálogos en galego chegando a acordos entre tod@s

-ensaiar estes diálogos dando a cada intervención a entoación correcta

-gravar os novos diálogos 

-montar a curtametraxe

Foi un proceso longo pero moi enriquecedor e o resultado é a curtametraxe "Compañeiras de po" que compartimos con vós.


Se tedes dificultade para ver a curta deixamos un acceso picando AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario