Na semana que xa rematou levamos a cabo un experimento novo:
QUE ACONTECE COAS CENORIAS?
Pero este experimento non era como os outros xa que para ver os resultados tiñamos que agardar 48 horas.
O resto do proceso foi o mesmo.
1. LEMOS NA PANTALLA O TÍTULO DO EXPERIMENTO E OS MATERIAS QUE PRECISAMOS PARA LEVALO A CABO
2. NOMEAMOS ÁS ENCARGADAS E ENCARGADOS DE LABORATORIO
3.AS ENCARGADAS E ENCARGADOS PREPARARON OS MATERIAIS E O EXPERIMENTO
>Materiais:
-3 cenorias
-3 vasos
-auga
-sal
>Proceso: no primeiro vaso metemos unha cenoria. No segundo vaso botamos auga e metemos unha cenoria. No terceiro vaso botamos sal ata a metade, engadimos auga ata arriba, removemos e metemos a cenoria. Etiquetamos cada un dos vasos.


4. FORMULAMOS AS NOSAS HIPÓTESES SOBRE O QUE ACONTECERÁ COAS CENORIAS. ALGUNHAS FORON:
-"van morrer todas"
-"a da auga vai medrar"
-"non morre ningunha"
-"o sal faille mal ás cenorias"
-"a do vaso que non ten nada vai podrecer"
- ...
5. REXISTRAMOS TODO O PROCESO
6. OBSERVAMOS DE VEZ EN CANDO SE VEMOS ALGÚN CAMBIO
7. COMPROBAMOS O QUE ACONTECEU (VENDO,TOCANDO, ULINDO) E DIALOGAMOS SOBRE QUE HIPÓTESES FORON CORRECTAS E CALES NON
QUEREDES SABER QUE ACONTECEU FINALMENTE?
Preguntádelle ás vosas fillas e fillos que de seguro han dar boa conta do que pasou ao final con cada unha das cenorias!
0 comentarios:
Publicar un comentario