No mes de febreiro viaxamos a Coruña para visitar tres museos que encaixan perfectamente cos proxectos que estamos a traballar: por unha banda o corpo e por outra banda o proxecto de centro "Somos o que comemos".
Visitamos:
- Casa dos Peixes: para ver in situ todos aqueles animais mariños dos que nos disfrazamos en entroido.
- Casa do Home: para experimentar con todas as propostas expostas neste museo relacionadas co peso, a estatura, a forza, o son , os olores, o corpo humano (órganos, esqueleto, parto...), os antepasados ...


Mentres agardabamos a que viñera o autobús para ir xantar no Muncyt, aproveitamos e sentámonos cinco minutos ao sol!
ÑAM, ÑAM, ÑAM!!!! Tiñamos fame!
Despois, por aulas, visitamos o museo. O primeiro reto foi facer un helicóptero que voase. Fixémolo pero aínda tiñamos que agardar para facelo voar. Voaría?
Antes de comprobalo fixemos dúas visitas: primeiro vimos en funcionamento un dos faros que hai tempo estivo na Torre de Hércules.
E despois coñecemos a Pepe Xan e Marilú.
(Todas e todos pensamos que Pepe Xan estaba un poco namoriscado de Marilú)
E para subir e baixar aos diferentes pisos metiámonos todas e todos no ascensor!(e eramos polo menos 25 persoas!)
E por fin chegou a hora de ver se os nosos helicópteros voaban.
E efectivamente voaban!
2018-02-22 16.46.40 from María on Vimeo.
E quedaba o mellor para o final porque puidemos ver o interior do que foi o avión máis grande do mundo durante anos! Vimos unha das súas alas, a cabina do piloto, os asentos ... pero había que subir por unhas escaleiras moi estreitas e ata cruzar unha pequena pasarela de cristal.
E ás 17h10 saímos do Muncyt e subimos no autobús para voltar a Barouta.
0 comentarios:
Publicar un comentario