BOA NOITE FAMILIAS!
Como xa sabedes, este curso estamos a desenvolver no laboratorio o
proxecto “Somos científicos” no que realizamos experimentos de diferente tipo. Quixemos facer extensiva a participación ás familias, comezando polas do
alumnado de 6º de educación infantil, neste derradeiro ano de permanencia no
ciclo.
E onte contamos coa primeira mamá que se animou a vir á escola para facer connosco un experimento.
Foi Lucía, a mamá de Carla Lago (da titoría de Vito e María).
Lucía e Carla fixéronnos un experimento para obter plástico biodegradable.
Antes de comezar dialogamos sobre o que é o plástico, con que se fai, con que se pode facer para que contamine menos, que significa biodegradable...
E despois Lucía e Carla puxéronse mans á obra.
Experimento plástico biodegradable from MARÍA RODRIGUEZ
A verdade é que nos gustaría que vísedes de primeira man como foi este experimento.
Deixámosvos un completo vídeo con todo o proceso.
A nós encantounos!
Agardamos que a vós tamén
E hoxe quixemos comprobar se xa estaba listo o plástico biodegradable pero preferimos agardar a mañá para darlle tempo a secar ben. Mirade que boa pinta ten!

0 comentarios:
Publicar un comentario