Como xa vos anunciamos no blog, hoxe tivemos no colexio á Compañía Galeatro que veu representar "Contos no faiado", obra de María Victoria Moreno, homenaxeada deste ano no día das Letras Galegas.
Contos no faiado conta a historia de Uxía, unha boneca que vive soa e abandonada nun faiado. Un día decátase de que alguén máis está con ela. É un gato tristón que non sabe nada da vida. Uxía intenta animalo contándolle historias pero o animal non fai outra cousa que comer ratos e paxaros, feito que non lle gusta nada á nosa protagonista. Será quen Uxía de que Gato deixe de comer outros animais? Poderá ensinarlle como é a vida?
Contos no Faiado é a nova proposta de Galeatro para as Letras Galegas 2018. Nesta proposta, a compañía escolleu como estrutura o conto “A Festa no Faiado”, ademáis as crianzas tamén puideron gozar de “Un Cachiño de Bica” ou “Xa non teño medo”.
A festa no faiado from María on Vimeo.
mércores,2de
TEATRO LETRAS GALEGAS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario