Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta BOCALÁN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BOCALÁN. Amosar todas as publicacións

COLABORACIÓN CON BOCALÁN GALICIA


Neste mes de xuño rematou a nosa colaboración coa Fundación Bocalán Galicia.  


Pero aínda temos pendente unha visita ás súas instalacións.


Nas últimas sesións realizamos actividades de land-art coas cadelas recollendo elementos naturais para elaborar un mural, traballamos os coidados básicos e incluso fixemos un novo amigo (un gatiño recén nacido ao que lle demos o biberón).


BOCALÁN from María on Vimeo.

EDUCACIÓN ASISTIDA CON ANIMAIS (PARTE 2)

Como xa sabedes, o xoves 19 e o venres 20 comezamos o Proxecto de educación asistida con animais en colaboración coa Fundación Bocalán Galicia.  Xa coñecedes ás tres cadelas que van estar connosco durante estes meses pero hoxe ímos contar con máis detalle como foi a primeira sesión:

-o xoves ás 10:00 Mulán, Question e Nicoleta viñeron á aula de Vito e María coas monitoras Alejandra, Marina e Marineti. Sentámonos todo@s arredor delas para observalas e falar das normas básicas para relacionarnos con elas. Acordamos:
       >falar baixiño
       >falar un só compañeir@ de cada vez
       >non agobialas tocándoas todo o tempo, ou botándonos enriba delas...

-logo de acordar todo isto, e  para comezar a crear vínculo con Mulán, Question e Nicoleta, fixémoslles colares con doas de cores e de distintas formas (ademáis traballamos a motricidade fina)

-e para rematar a sesión, as monitoras propuxéronnos un xogo  de pistas : agocharon tarxetas coas necesidades básicas no coidado das cadelas que tivemos que atopar e ordenar. Despois, entre tod@s, lémolas e falamos sobre elas. Quedounos moi claro o que necesitan.
En  bastantes cousas parécense a nós!!!!!!!  




Bocalán Vito e MARÍA from maria jesus on Vimeo.
bocalán na aula de paula from maria jesus on Vimeo.
bocalán monse from maria jesus on Vimeo.

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger