Artellando con:

TREN TURÍSTICO E REGO DOS PASOS


                               Últimas saídas do curso.

Co curso 2018-2019 xa rematado para o alumnado queremos amosarvos dúas actividades que fixemos nos derradeiros días de escola.

Unha delas foi a andaina que nos levou a percorrer a ruta do "Rego dos pasos" ata chegar a Bertamiráns.

Vimos un carballo e fentos centenarios, un reloxo de pedra, un formigueiro nunha árbore ...

E ata tivemos merendola incluída na casa da avoa e do avó de Nadia e Xoel.




























































ç





A outra saída que fixemos foi a Santiago para percorrer a cidade no tren turístico.
O condutor deunos un par de auriculares para escoitar a explicación da guía e partimos da praza so Obradoiro para pasar por Xoán XXIII, o auditorio, a alameda, ver dende o tren o arco de Mazarelos, a Porta do Camiño...
E unha vez rematado o percorrido, fomos camiñando ata o auditorio onde merendamos.
















































































CON ESTA PUBLICACIÓN DESPEDÍMONOS ATA SETEMBRO DESEXÁNDOVOS A TODAS E TODOS UN BO VERÁN! 
DESFRUTADE MOITO DAS VACACIÓNS!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger