Artellando con:

7ª Carreira Solidaria "Móvome Pola Paz"



Prezadas familias, 

Como ven sendo habitual, o próximo luns 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz coa 7ª Carreira Solidaria "Móvome pola Paz", un acto solidario no que recadamos alimentos para o Banco Municipal do Concello de Ames.

Xa podedes enviar os alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene persoal e limpeza que queirades doar.

Convidámosvos ás familias para que nos acompañedes neste acto solidario. Tamén contaremos co alumnado da EEI de Covas e co alumnado de 6º EP  do Ceip A Maía e o Ceip Agro do Muíño.

Agardamos contar coa vosa presenza o luns 30 a partir das 12h00.

Animádevos a movervos pola paz!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger