Artellando con:

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES CURSO 18-19














































SEGUNDA XORNADA DO BAR-OUTA


Como xa sabedes, onte foi a segunda xornada de apertura do Bar-Outa.

En infantil apuntámonos a colaborar con esta iniciativa do alumnado de 6º de EP para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

No día de onte os panos dos nosos bocadillos e biscoitos eran de cor negra xa que a ANPA BAROUTA colaborou deste xeito coa campaña do #DíaInternacionalPolaEliminaciónDaViolenciaContraAsMulleres# 

Aínda que moitas nenas e nenos seguen a  preferir os bocadillos de crema de cacao e o biscoito, tamén hai moitas e moitos que xa se apuntan ao bocadillo de chourizo e de queixo.








  

SAÍDA POLA CONTORNA


Aproveitando o tempo solleiro de hai unha semana puidemos saír de novo ao monte para recoller elementos naturais para empregar nos ambientes e facer diferentes actividades.

Recollemos paus, castañas, follas ... e sorprendentemente quixemos recoller landras pero ... NON HABÍA!

O que si atopamos foron varios cogomelos de diferentes tamaños! No monte hai unha chea deles!






E tamén vimos un carballo pequeno! Estaremos atentas e atentos a como vai medrando!





CINEMACRIANZA E CINEMAESCOLA







O xoves 15 de novembro as nenas e nenos de 6º de EI foron á Casa da Cultura do Milladoiro para asistir ao festival internacional de cine infantil "CINEMACRIANZA" onde puideron ver varias curtametraxes de temáticas diversas como:
-"O cazador de árbores xigantes"
-"O corazón da casa"
-Achoo!
-"O derradeiro libro da terra"
- ...








E este pasado mércores día 21, todo o alumnado de infantil, participou no programa CINEMAESCOLA, ao que a SGAE quere dar difusión. 

Era a primeira saída das nenas e nenos de 4º de EI e acompañounos Bernardo que pasou por moitas mans pero a encargada de levalo ata o autobús, sentalo e poñerlle o cinto foi Livia.



Nesta primeira saída sentámonos para merendar todas e todos xuntos.















Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger