Aínda que por cuestións meteorolóxicas non puidemos participar na Primeira Carreira Solidaria "Móvome pola paz" (estamos agardando a que o tempo mellore para poder correr) no colexio conmemoramos igualmente o Día Escolar da Paz e da non violencia.
O luns 30 de xaneiro, despois do recreo, xuntámonos tod@s na entrada para cantar a canción "O mundo é grande" coas camisetas feitas polo propio alumnado para este día.
O certo é que as camisetas quedaron moi chulas pero había moito traballo detrás. Mirade!
Ademáis das camisetas non podían faltar os trofeos para tod@s @s participantes na carreira.
Con todo preparado, só nos queda agardar a que o tempo nos dea un descansiño para poder facer a carreira!
















































































