Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta SEGUNDA SESIÓN BOCALÁN GALICIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SEGUNDA SESIÓN BOCALÁN GALICIA. Amosar todas as publicacións

SEGUNDA SESIÓN CON BOCALÁN GALICIA

Como xa vos contamos, durante este curso a Fundación Bocalán Galicia colabora connosco realizando un proxecto de educación emocional. Aproveitando o trafego do entroido, o 16 e o 17 de febreiro Mulán, Mariana e Nicoletta ( as cadelas da fundación) viñeron ao cole para facer tod@s xunt@s unha sesión de relaxación.
Entraron ata a aula para saudarnos e despois saímos á entrada para que as monitoras nos explicaran que iamos facer. Tocaba ir ao monte para descubrir diferentes olores, tocar a herba mollada, escoitar sons ... E de paso, recoller elementos naturais para poder disfrazar de indias ás tres cadelas xa que nós tamén nos imos disfrazar de indi@s porque estamos a traballar o proxecto "Pasámolo coma os indios". Ademáis disto falamos das cousas que nos relaxan: sons, sensacións ... e tumbámonos con Mulán, Mariana e Nicoletta para escoitar os seus latexos, tocar o seu pelo, imitar a súa repiración tranquila ...
ENCANTOUNOS!!!!!



  •      Saudámonos na aula






  •      Lembramos as normas e falamos do que imos facer






  •      Poñémonos en marcha!














  •      Primeira parada para escoitar sons da natureza







  •      Quen vive na poza?








  • Imos camiñando, recollendo follas, paus, pedriñas, herbas ... e acariñando de cando en vez ás cadelas.











  • Pechamos os ollos e escoitamos en silencio!









  • Tocamos a herba, o chan, as pedras ... sentimos a súa friaxe, a súa humidade, a súa suavidade ou rugosidade...













  • Voltamos ao colexio para relaxarnos tod@s xunt@s e sentir as respiracións de Nicoletta, Mariana e Mulán, o tacto do seu pelo,  a súa calor corporal ...






















Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger