Artellando con:

CINEMA


Que mellor maneira de rematar un trimestre, tan curto pero tan intenso, que cunha sesión de cinema e flocos de millo???





A PREDICIÓN METEOROLÓXICA


A continuación deixámoslles a predición do tempo para a tarde e a madrugada do venres 23 de marzo de 2018 feita pola nosa reporteira Irene dende o Ceip de Barouta (Ames).




O TEMPO from María Barouta on Vimeo.

SOMOS O QUE COMEMOS

2018-03-12 08.02.14 from María Barouta on Vimeo.


Familias, como xa sabedes o proxecto de centro deste curso é "SOMOS O QUE COMEMOS". 
En Infantil xa traballamos as illas de plástico e agora estamos inmersos en ver canto lixo xeramos nunha merenda, a onde vai parar ese lixo, a importancia da reciclaxe...



E para reciclar ben preparamos colectores coa súa correspondente etiqueta para que ninguén se equivoque e todo o mundo saiba a onde vai cada lixo.



















Reciclamos from María Barouta on Vimeo.

O CORPO É O CORPO


Efectivamente O CORPO É O CORPO e hoxe, que non choveu, o corpo pediunos saír a respirar aire fresco, a estirar as pernas, a movernos, a explorar a contorna ...
E así o fixemos.
Logo de plantar árbores saímos ao monte que hai detrás do colexio e puidemos correr, saltar, berrar, xogar, tamén caer, recoller flores, paus, ver cogomelos ... e comprobar, con moita tristeza, que hai xente que segue a verter lixo no noso monte.















21 de marzo: Día da árbore e da poesía





Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día da Árbore e da Poesía e que mellor maneira de facelo que continuar coa nosa plantación no Bosque de Barouta.
Pero non só plantamos no bosque senón que tamén plantamos árbores frutais arredor do horto.


As nenas e nenos da aula de Vito e María plantaron un acivro coa axuda de Tere pero previamente na aula buscaron información sobre este tipo de árbore: 
- se ten follas ou non 
-se ten flores ou non 
-se dá froitos ou non 
...
E ata aprenderon o seu nome científico: Ilex Aquifolium.

Logo da búsqueda de datos baixaron ao horto para traballar un pouco coas mans terra!





















E ao volver á aula plasmaron en papel esta actividade.








Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger