Artellando con:

OS ANIVERSARIOS

Coa volta ao cole volven tamén as celebracións dos aniversarios coas compañeiras e compañeiros!
Esta primeira semana de escola tocoulle a Lois ( da titoría da mestra Paula) que para celebrar o seu cuarto aniversario cociñou un riquísimo biscoito de chocolate con lacasitos coa axuda da súa nai e convidounos a tod@s.


PARABÉNS LOIS!









NOVO CURSO 2017-2018




                                                    OLA FAMILIAS!

Setembro xa chegou e con el comezou o novo curso 2017-2018 cheo de novidades e sorpresas!

Para aquelas e aqueles que aínda non o saibades, neste novo ano académico en Educación Infantil imos traballar por ambientes de aprendizaxe coas novas aulas tema (xa volo explicaremos polo miúdo) pero mentres deixámosvos unhas fotos cos primeiros días do alumnado descubrindo as aulas novas e reencontrándose coas amigas e amigos.

Dámosvos a benvida a todas e todos agardando que sexa un magnífico curso!


As mestras xuntáronnos a carón da árbore para darnos a benvida a tod@s xunt@s.


Despois estreamos os colgadores novos e cadaquén colocou a súa chaqueta na percha que máis lle gustou



Xa máis cómodos entramos ás aulas onde falamos sobre o verán, o que fixemos nas vacacións... e onde as mestras explicaron cousiñas como o nome das aulas, que había en cada unha...





Logo da explicación chegou a hora de descubrir os novos ambientes e comezar a experiementar cos diferentes materiais, xogos, actividades ...












Pero aínda nos quedan moitas cousas por descubrir nas nosas novas aulas!


Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger