Artellando con:

FESTIVAL DE NADAL

Como sabemos que o festival de nadal foi todo un éxito aquí vos deixamos un enlace para que vexades de novo a chegada do Apalpador e a actuación de infantil.


Video from maria jesus on Vimeo.

EDUCACIÓN ASISTIDA CON ANIMAIS (PARTE 2)

Como xa sabedes, o xoves 19 e o venres 20 comezamos o Proxecto de educación asistida con animais en colaboración coa Fundación Bocalán Galicia.  Xa coñecedes ás tres cadelas que van estar connosco durante estes meses pero hoxe ímos contar con máis detalle como foi a primeira sesión:

-o xoves ás 10:00 Mulán, Question e Nicoleta viñeron á aula de Vito e María coas monitoras Alejandra, Marina e Marineti. Sentámonos todo@s arredor delas para observalas e falar das normas básicas para relacionarnos con elas. Acordamos:
       >falar baixiño
       >falar un só compañeir@ de cada vez
       >non agobialas tocándoas todo o tempo, ou botándonos enriba delas...

-logo de acordar todo isto, e  para comezar a crear vínculo con Mulán, Question e Nicoleta, fixémoslles colares con doas de cores e de distintas formas (ademáis traballamos a motricidade fina)

-e para rematar a sesión, as monitoras propuxéronnos un xogo  de pistas : agocharon tarxetas coas necesidades básicas no coidado das cadelas que tivemos que atopar e ordenar. Despois, entre tod@s, lémolas e falamos sobre elas. Quedounos moi claro o que necesitan.
En  bastantes cousas parécense a nós!!!!!!!  




Bocalán Vito e MARÍA from maria jesus on Vimeo.
bocalán na aula de paula from maria jesus on Vimeo.
bocalán monse from maria jesus on Vimeo.

EDUCACIÓN ASISTIDA CON ANIMAIS

SESIÓN DE CONTACTO DO PROXECTO DE EDUCACIÓN ASISTIDA CON ANIMAIS

Como xa sabedes, o xoves 19 e o venres 20 de xaneiro levamos a cabo a sesión inicial deste proxecto en colaboración con Bocalán Galicia.
Viñeron ao cole tres monitoras con tres cadelas que vos presentamos a continuación:

                          Esta é MULÁN 



                  A marrón chámase Nicoleta 



E a de cor negra é Question



Con elas iniciamos a nosa andaina conxunta con Bocalán Galicia.

Irémosovos amosando fotos das tres sesións pero xa vos adiantamos que foi todo un éxito!

ANIVERSARIOS

Ademáis da visita do hámster de Hugo tamén comezamos o ano celebrando aniversarios. Na aula das profes Vito e María houbo rosca, biscoito e ata orellas! 
Valeria e Iago Domínguez estiveron de aniversario e celebrárono cos seus compañeir@s.

















COMEZAMOS O TRIMESTRE CON VISITAS

Esta foi a primeira semana de cole logo das vacacións de nadal e para facela máis levadeira, na aula da profe Monse tiveron unha visita especial: Hugo Mouro trouxo  ao seu hámster para que tod@s os seus compañeir@s puideran coñecelo.









AS NOSAS CONSTRUCIÓNS

Lembrades todas aquelas caixas tan chulas que trouxemos a principio de curso para o cole?
Pois no primeiro trimestre utilizámolas para  construir, para traballar as formas, os volumes, as alturas, os tamaños... e tamén para XOGARRRR!!



















 


PROXECTO DO PRIMEIRO TRIMESTRE: OS GAZAFELLOS

No primeiro  trimestre, ademáis de traballar o outono, o samaín, o land art; de conmemorar o día contra a violencia de xénero ; de ensaiar para o festival; de ir ao auditorio; de asistir a varios contacontos;  a un espectáculo de maxia ... tamén tivemos tempo para adicarnos a un proxecto tan divertido como diferente. Xurdiu unha mañá na que saímos polos arredores do cole para recoller cousas de outono como follas, paus, ourizos ... De súpeto á mestra Vito pareceulle ver algo entre as follas. Serían gazafellos? Rapidamente todas as nenas e nenos xuntáronse arredor da mestra e buscaban cos ollos ben abertos entre as pólas, os paus, as herbas ...



Máis non conseguiron ver nada pero xa estaba o lío formado: 
-que son os gazafellos?
-como son?
-onde viven?
-hai moitos?
-que comen?
- ...

Nos seguintes días adicámonos a darlle forma ao proxecto e aos gazafellos.  Unha das primeiras cuestións que nos plantexamos foi: como son?


















                           E botámoslle moita imaxinación!






Pero tiñamos moitas ganas de velos. Precisaríamos duns prismáticos? Puxémonos mans á obra para facer os nosos "prismáticos de ver gazafellos"










Cos prismáticos feitos era hora de probar de novo a ver se viamos gamusinos en Barouta.






















Pareceunos ver algo gris ou quizáis vermello, cun rabo longo e con cornos, con patas,  pero ... cantos cornos?, cantas patas? ... Era hora de voltar ao traballo!

















                          Despois de tanto traballo este foi o resultado:


Libro Gazafellos from maria jesus on Vimeo.

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger