Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta Primeiras propostas de xaneiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primeiras propostas de xaneiro. Amosar todas as publicacións

Ola de novo!

Ola familias!

Estamos de volta!

Deixamos atrás o primeiro trimestre e encamiñamos xa o segundo.

Nestes primeiros días despois das vacacións volvemos á escola con moita gana de falar e contar como nos foi no nadal  e sobre todo de vernos e xogar.

Cando nos puxemos ao día comezamos a experimentar con novos materiais e propostas dos distintos ambientes.

No obradoiro traballamos a lóxica matemática con diferentes propostas lúdicas de conteo, numeración, seriación, clasificación, serie numérica, agrupamento,  táboa do 100, familias dos números, grafomotricidade ...

















E tamén construcións con diferentes materiais (as posibilidades de experimentación e de creatividade destes novos materiais son moi amplas e resultan moi chamativos e interesantes para as crianzas)




No laboratorio seguimos a experimentar técnicas novas e desta volta foi a quenda de probar diferentes posibilidades das ceras brandas (neste caso Manley).

Houbo dúas propostas distintas:

-ceras brandas derretidas (precisamos papel, ceras, unha candea pequena e unha augada , neste caso negra, para pasarlle por enriba cun pincel)









-esgrafiar con ceras brandas (precisamos papel, ceras brandas de cores, ceras brandas negras e punzón)











Tamén neste ambiente houbo diferentes propostas de composición con materiais variados (logo da composición deixamos rexistro gráfico da mesma)













E tamén fixemos construcións con materiais de refugallo. Estas construcións van precedidas do proceso de idear/pensar o que queremos construir, debuxalo en papel e buscar os materiais precisos para a construción.










No teatro seguimos a traballar o noso nome con técnicas como o estampado, a composición con letras móbiles, o libro dos nomes ou o robot Doc.

















Neste ambiente tamén demos forma ao espazo da carpintería onde podemos enroscar/desenroscar, martelar, lixar ...












E aquí tamén puxemos punto e final ao pequeno proxecto sobre o Castelo de Soutomaior.













Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger