Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta PSICOMOTRICIDADE DIVERTIDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PSICOMOTRICIDADE DIVERTIDA. Amosar todas as publicacións

Psicomotricidade divertida

 En Educación Infantil o traballo psicomotor é moi importante a todos os niveis e na escola procuramos que este traballo sexa o máis lúdico e divertido posible.

Adicamos varias sesións, con diferentes propostas e xogos,  ao traballo da coordinación (non só  a coordinación de movementos e das diferentes partes do corpo entre si senón tamén a coordinación coas compañeiras e compañeiros), do equilibrio, o control do corpo ... 

















PSICOMOTRICIDADE DIVERTIDA


A última sesión de psicomotricidade que fixemos na escola dividímola en dúas partes.

-Nunha primeira adicámonos ao traballo do esquema corporal sen ningún tipo de material e a facer xogos por parellas. Un dos que mais éxito tivo foi o da "carretilla".






-A segunda parte adicámola a traballar o arrastre con materiais e cun sinxelo circuito. Co arrastre facilitamos o desenvolvemento da forza e da axilidade e exercitamos a coordinación entre os dous hemisferios cerebrais.


















Psicomotricidade divertida


Coa chegada do novo trimestre chegaron tamén os novos circuitos de psicomotricidade con María. 

Nesta primeira semana fixemos un pouco de todo: independencia segmentaria, volteretas, rolos, saltos,  coordinación óculo-manual, coordinación ollo-pé, coordinación entre iguais, traballo por parellas...

























PSICOMOTRICIDADE DIVERTIDA

E mentres investigamos e aprendemos sobre nubes continuamos cos nosos circuitos de psicomotricidade que cada vez son máis complexos. 
Seguimos a traballar o equilibrio estático e dinámico, individual e por parellas.
Pouco a pouco imos ampliando as nosas posibilidades motrices (rapidez, axilidade), a nosa conciencia corporal, a coordinación óculo-manual e óculo-pédica e mellorando a lateralidade.




























2017-05-30 10.24.06 from maria jesus on Vimeo.
2017-05-30 10.26.51 from maria jesus on Vimeo.
2017-05-31 10.30.30 from maria jesus on Vimeo.

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger