Artellando con:

Propostas de samaín no laboratorio

CABAZAS, PANTASMAS E MONSTROS FORON OS PROTAGONISTAS DAS PROPOSTAS DE SAMAÍN REALIZADAS NO LABORATORIO!




Máis fotos  AQUÍ

MEDO ME DÁ! Propostas de Samaín

Con este post iniciamos unha serie de publicacións nas que vos  imos dar boa conta das propostas de samaín que realizamos nos diferentes ambientes.



As fotos da proposta “A que sona o samaín?” podedes velas picando AQUÍ

As imaxes  da proposta “Debullando e contando” podedes velas picando nestoutro ENLACE 

SEGUIDE ATENTAS E ATENTOS AO BLOG NOS VINDEIROS DÍAS!

ABN no obradoiro

Prezadas familias,

En EI traballamos co método ABN o relacionado coa lóxica matemática, cos números, coa numeración, coa seriación, co conteo, coas operacións básicas, coa resolución de problemas...

Neste post deixámosvos unha breve información básica sobre esta maneira de traballar e dous enlaces nos que podedes atopar moita máis información.

Tamén compartimos fotos das propostas que fixemos no obradoiro para que poidades ver de xeito máis claro esta metodoloxía manipulativa.





Unha das propostas que realizamos co alumnado de 4ºEI consistía en facer unha primeira  clasificación de pezas por cores e unha segunda clasificación por cantidade engadindo moitas ou poucas pezas segundo indicase o modelo(ou poñendo moitas/poucas froitas de plastilina nas árbores, ou moitos ou poucos pelos con pinzas nas cabezas).







O alumnado de 5º e 6º EI traballou a seriación e conteo cos números do 1 ao 5 e do 1 ao 10  respectivamente, con diferentes materiais manipulativos.



















Noutra proposta traballamos a funcionalidade dos números partindo das seguintes preguntas: onde hai números na nosa vida diaria?, para que serven eses números?, hai números na escola?, onde? ...

E a partir de aí saímos ao aparacadoiro onde o profesorado deixa os coches e buscamos onde había números. Resulta que as matrículas tiñan números e letras! Observamos todos os coches das mestras e mestres e vimos que os coches tiñan unha matrícula diante e outra detrás cos mesmos números e coas mesmas letras!

Escollemos unha matrícula, escribímola nunha etiqueta e despois debuxamos o coche ao que correspondía esa matrícula e pintámolo. 

Cando rematamamos o debuxo pegamos a etiqueta da matrícula e fixemos outra igual para colocala tamén no coche xa que na nosa observación decatámonos de que os coches tiñan dúas matrículas: unha diante e outra detrás; e estas matrículas eran idénticas.









































Para ver máis fotos desta proposta picade AQUÍ


Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger