Artellando con:

Día de ÁFRICA

Hoxe é o DÍA DE ÁFRICA  e queriamos lembrar con vós o proxecto "ÁFRICA NOS SENTIDOS" que desenvolvemos o curso pasado.

Foi un traballo ben xeitoso no que aprendemos unha morea de cousas: sobre xeografía, flora, fauna, etnias, arquitectura, pintura... 

Aquí deixamos a carpeta cos traballos que fixemos (se ben houbo moitas propostas que as crianzas "levaron postas para a casa").

Picando no enlace podedes acceder á publicación que fixemos o ano pasado no blog!

ÁFRICA NOS SENTIDOS

CP INNOVA: O centro educativo comprometido cos obxectivos de desenvolvemento sostible. (EDUsostibilidade)


 Seguimos a participar no Proxecto Hortícolas coa asociación Altair Galicia.

Deixámosvos imaxes da última intervención na horta!
























Visita sorpresa!!!!!!

          Onte na escola tivemos unha visita sorpresa.


Quen viría? MIRADE, MIRADE!!!!










Visita de Héctor Cajaraville

O mércores 18 de maio continuamos coa conmemoración das #LetrasGalegas2022 dedicadas a #FlorencioDelgadoGurriarán e tivemos a sorte de contar co escritor Héctor Cajaraville que nos axudou a coñecer máis a vida do homenaxeado deste ano.

Graciñas Héctor!




























Proxecto "Artellamos coa arquitectura" (*Animais construtores 4)

LETRAS GALEGAS 2022




Este ano 2022 o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) está dedicado a Florencio Gabriel Delgado Gurriarán.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou unha presentación para darnos a coñecer a súa vida e obra.


As crianzas de 4º, 5º e 6º de EI participamos nas propostas conmemorativas deste día:

  • Inventamos tres poesías de temática natural para homenaxear  a Florencio Delgado Gurriarán. *No seguinte enlace tedes:

        -* Imaxes do proceso de creación das poesías








  • Participamos no Escape Room que o Equipo de Biblioteca preparou na BiblioBarouta


  • Pasámolo en grande no concerto de "Brais das Hortas" 

















E o mércores participaremos noutra proposta conmemorativa das Letras Galegas e poderemos falar en persoa con Héctor Cajaraville (xa vos daremos conta desta actividade). 

Galicia é infinda!
Nosa Galicia é máis que toda a Terra.
Non é xa o cativo currunchiño
que din escolas vellas.
Cómprenos desbotar antigos erros
fillos de mente estreita:
Galicia é infinda.
Florencio Delgado Gurriarán.

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger