Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta VISITA DE DIEGO VIAÑO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITA DE DIEGO VIAÑO. Amosar todas as publicacións

VISITA DE DIEGO VIAÑO


Boa mañá de sábado, familias!

Como xa vos comentamos noutro post anterior, estamos a realizar un miniproxecto de nubes que comezamos cun experimento como actividade motivadora e que continuamos coa visita de DIEGO VIAÑO (exalumno do centro e meteorológo da TVG).

Coma sempre, preparamos esta visita con anterioridade na aula. E logo de conversar sobre nubes escribimos nun papel aquelas dúbidas e preguntas que lle queríamos facer a Diego.








E o venres 28 de Abril Diego veu ao colexio. Recibiunos na entrada da biblioteca e conversou un pouco con nós antes de comezar.






Logo de saudarnos falounos de nubes.

























Estivemos moi atentas e atentos ás explicacións porque o que nos estaba a contar e amosar Diego na pizarra dixital era moi interesante.















E vimos nubes abraiantes que nos deixaron coa boca aberta: "nubes lenticulares", "undulatus asperatus", "nubes mastodónticas" ...











Fixémoslle algunhas das preguntas que levábamos preparadas.







Diego tamén nos ensinou a ser presentadoras e presentadores do tempo.
















E para rematar saímos a observar nubes aínda que xustamente este día non había ningunha no ceo azul de Barouta! 












                        MOITÍSIMAS GRAZAS DIEGO!!!!!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger