Artellando con:

FESTA DO OUTONO!


Hoxe, por fin, a comunidade educativa de Barouta puido xuntarse de novo para celebrar a FESTA DO OUTONO!  Que alegría volver desfrutar en familia! 

Ademáis das castañas, o chocolate e o momento musical cantando tod@s xunt@s as cantigas incluídas no volume 1 do noso cancioneiro, as crianzas de EI estiveron a investigar durante a semana sobre os lobishomes, as ánimas, as bruxas e o cocón para elaborar un audiolibro ben entretido que estreamos en primicia!

Abride ben os ollos e as orellas!

                             QUE MEDO DE LIBRO! 




Agora que xa escoitáchedes e víchedes o audiolibro amosámosvos como o fixemos!







Tedes máis imaxes nos seguintes enlaces:

Para rematar, deixámosvos imaxes das momias, esqueletos, pantasmas e demáis seres terroríficos que nos visitaron hoxe en Barouta (tamén compartimos algunha imaxe da festa no pavillón)! 😉😉😉😉







































Obradoiro







 

DÍA DAS BIBLIOTECAS



O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas.

Ante a proximidade da Festa do Outono, en Barouta decidimos adiantar esta conmemoración e celebrala o venres 21 de outubro cun concerto de Pakolas na BiblioBarouta. Foi moi divertido! 













Grazas Pakolas!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger